Unha aproximación xenómica á susceptibilidade do tabaquismo e outros trazos de consumo de substancias en pacientes con esquizofrenia e poboación xeral
- Al-Soufi Novo, Laila
- Javier Costas Costas Director
- Laura Sánchez Piñón Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2024
Tipo: Tese
Resumo
O consumo de substancias representa un grave problema de saúde global. A susceptibilidade xenética aos trazos de consumo de substancias, altamente polixénicos, é estudada principalmente mediante estudos de asociación do xenoma completo (GWAS). Nos cinco estudos desta tese, emprégase unha batería de ferramentas xenómicas baseadas en GWAS para investigar os factores xenéticos implicados na susceptibilidade ao consumo de substancias. Ademais, analízase a posible causa da alta prevalencia do tabaquismo en persoas con esquizofrenia, atopando evidencia dun efecto causal do consumo de tabaco sobre a esquizofrenia. Esta información podería ter implicacións a nivel clínico, destacando a necesidade de desenvolver estratexias eficaces para prever e tratar o consumo de substancias, especialmente nas persoas con esquizofrenia.