Portal da
Investigación
Este novo Portal da Investigación en Saúde de Galicia constitúese como un espazo de difusión, información e comunicación ao servizo dos profesionais sanitarios e os cidadáns.
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde de Galicia. Neste senso, a ACIS, en colaboración con Bibliosaúde e o Sistema Informático, acolle o Portal da Investigación en Saúde de Galicia co obxectivo de recompilar e presentar a producción científica e de transferencia do conxunto dos resultados da investigación desenvolvida polo persoal investigador en Saúde de Galicia, agrupados por Institutos de Investigación Sanitaria e Grupos de Investigación.
Este portal permite mostrar de maneira individualizada os indicadores desta produtividade científica e dar difusión aos resultados das actividades científicas, para obter unha imaxe clara do rendemento investigador no ámbito da Saúde en Galicia.