Portal da
Investigación
Este novo Portal da Investigación en Saúde de Galicia constitúese como un espazo de difusión, información e comunicación ao servizo dos profesionais sanitarios e os cidadáns.
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde de Galicia. Neste senso, a ACIS, en colaboración con Bibliosaúde e o Sistema Informático, acolle o Portal da Investigación en Saúde de Galicia co obxectivo de recompilar e presentar a producción científica e de transferencia do conxunto dos resultados da investigación desenvolvida polo persoal investigador en Saúde de Galicia, agrupados por Institutos de Investigación Sanitaria e Grupos de Investigación.
Este portal permite mostrar de maneira individualizada os indicadores desta produtividade científica e dar difusión aos resultados das actividades científicas, para obter unha imaxe clara do rendemento investigador no ámbito da Saúde en Galicia.
📢 Aberta #RedIASaúde: 50M€ para proxectos de #IntelixenciaArtificial en saúde (predición, diagnóstico, tratamento, investigación, xestión). Axudas de 400.000€ a 5M€. Prazo ata o 5 de xaneiro. Máis info: acis.sergas.gal/cartafol/Convo…
07/11/2025Un día na vida dunha #IVYvolunteer 💛 Clara cóntanos como é formar parte de #Transfiresaude, proxecto #Interreg dentro de #POCTEP (España–Portugal), apoiando a cooperación transfronteiriza en saúde. instagram.com/reel/DQXDSjhDF…
07/11/2025Galicia aposta pola innovación sanitaria con Precisaúde, un plan de 20 millóns de euros que impulsa a medicina de precisión mediante intelixencia artificial, análise xenómica e terapias avanzadas. A saúde galega avanza cara á medicina 5P. lavozdegalicia.es/noticia/socied…
05/11/2025📢 Na ACIS abrimos 3 prazas de técnico/a superior en informática para o proxecto europeo ImageDataSpace (IA + imaxe médica) en Santiago. Prazo: 21/11/2025. Convocatoria: acis.sergas.gal/cartafol/Docum… Bases: acis.sergas.gal/cartafol/Docum…
04/11/2025🟢 Dispoñible curso de autoformación: “SINALIZACIÓN" 👨⚕️ Dirixido a todo o persoal que teña ou tivese relación contractual co Servizo Galego de Saúde. 👉🏼 Sen límite de prazas 👉🏼 Ata o 31/12 📋 Inscrición: extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/De…
04/11/2025A innovación e o compromiso dos profesionais seguen a transformar o sistema público de saúde galego. Os proxectos premiados este ano amosan como as boas ideas poden mellorar a atención e o benestar das persoas. gciencia.com/saude/proxecto…
03/11/2025Participamos en Bruselas na reunión do proxecto @EUInvest4Health como socios no testeo de novos modelo de financiamento dos servizos sanitarios no eido da teleasistencia co piloto en fibrose quística.
02/11/2025ACIS participou nas III Xornadas das Plataformas ISCIII, na mesa sobre boas prácticas na adopción da innovación, compartindo experiencias para impulsar a transferencia de resultados de investigación aos sistemas sanitarios. #InnovaciónEnSaúde #ACIS
29/10/2025Participamos na sesión de intercambio de @TransfireSAUDE co centro de investigación trasnacional 2CA-Braga para coñecer iniciativas portuguesas de Compra Pública de Innovación, transferencia de I+D+i, e Living Labs transfronteirizos.
23/10/2025Abrimos un novo espazo web de formación gratuíta en saúde e benestar para toda a cidadanía galega 🩺 Accede a recursos sobre hábitos saudables, prevención e autocuidado, dispoñibles os 365 días do ano. 👉 Descúbreo en: espacio.share.sergas.gal
23/10/2025