Estudio transversal del lupus eritematoso cutáneo en el área sanitaria de A Coruña

  1. Arévalo Bermúdez, María del Pilar
Dirixida por:
  1. Eduardo Fonseca Capdevila Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. José Carlos Moreno Giménez Presidente/a
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. Salvio Serrano Ortega Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 481255 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Determinar as características epidemiolóxicas e clínicas dos subtipos de lupus eritematoso cutáneo (LEC) no Área de Saúde da Coruña (ASC). Analizar a prevalencia e factores asociados ca presenza de lupus eritematoso sistémico (LES), a actividade e as secuelas, o síndrome metabólico (SM), o risco cardiovascular (RCV) e a calidade de vida relacionada coa saúde (CVRS) Materiais e Métodos: Un estudo transversal descriptivo de prevalencia en 260 doentes con LEC do ASC, abril/2013-agosto/2016. Utilizouse o EUSCLE Core Set Questionnaire para caracterizar os doentes e a enfermidade; determinouse tabaco consumido (paquetes/ano), test de Fagerström, consumo de alcohol (g/día), síndrome metabólico (SM) (ATP III, 2001), risco cardiovascular (RCV) e índice de calidade de vida en dermatoloxía (DLQI). Resultados: Os subtipos máis prevalentes de LEC foron o discoide (LED) (36,5%) e o intermitente (LECI)/túmido (LET) (28,5%). 82,7% presentaron só lesións cutáneas, e o 17,3%, ademáis, presentaron criterios de LES. Os pacientes con LEC sen LES tiveron a idade ao diagnóstico unha década máis tardía e unha relación M:H máis baixa que os LES (relación M:H 2:1 vs 8:1). A presenza de LES estivo asociada cos anticorpos antinucleares (AAN) > 1/160) (OR: 10,58) e cos anticorpos anti-RNP (OR: 32,84), mentres que o índice de masa corporal (IMC) resultou protector (OR: 0,76). Unha actividade maior relacionouse co LEC crónico (LECC) (OR: 1,98), ser fumador activo (OR: 3,04; B: 2,05), e coa proteína C reactiva alta (PCR) (B: 2,05); mentres que as secuelas (CLASI secuelas) só coa actividade (B: 0,14). O SM foi menos prevalente nos LES, que nos LEC só (22,7% vs. 34,7%). Asociouse con IMC (OR: 1,43) e anticoagulante lúpico (AL) (OR: 9,78). O RCV alto asociouse coa duración da enfermidade (OR: 1,40), a idade (OR: 1,49) e ser fumador activo (OR: 147,18), mentres que ser muller resultou protector (OR: 0,10). A CVRS resultou afectar máis as mulleres (OR: 3,17) e os doentes con maior actividade cutánea da enfermidade (OR: 1,21) e cunha dependencia alta á nicotina (OR: 10,30). Conclusións: Os subtipos máis prevalentes foron o LED e o LET. A relación M:H foi máis baixa e a idade ao diagnóstico de LE máis tardía cando só había LEC. A presenza de LES asociouse cos AAN e anticorpos anti-RNP positivos, e inversamente co IMC. A actividade cutánea relacionouse co LECC, hábito tabáquico e PCR alto; mentres que as secuelas coa actividade. O SM asociouse co IMC e o AL; namentres que o RCV o estuvo coa duración do LE, a idade e o ser fumador activo; ser muller resultou protector. A CVRS afectouse máis nas mulleres, en doentes con maior actividade cutánea e con dependencia alta á nicotina.