La osteonecrosis de los huesos maxilares asociada al tratamiento con bifosfonatos intravenosos en pacientes oncológicos

  1. Outeiriño Fernández, Alejandra
Dirixida por:
  1. Javier Muñiz Co-director
  2. José Luis López-Cedrún Cembranos Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Diego Gutiérrez Pérez Presidente/a
  2. Inés Vázquez Mahía Secretaria
  3. Juan Manuel Seoane Lestón Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 485033 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A osteonecrose dos maxilares é un serio efecto adverso asociado á terapia con bifosfonatos (BFs), especialmente en pacientes con patoloxía tumoral de base, gañando importancia pola alta morbilidad asociada a este tipo de lesións. Co obxectivo principal de estimar a súa incidencia en pacientes oncolóxicos e secundariamente identificar os factores de risco que inflúen no seu desenvolvemento, realizouse un estudio observacional de cohorte histórica. Neste estudo foron incluidos un total de 206 pacientes que iniciaron ou se atopaban en tratamento con BFs entre o 1 de xaneiro de 2010 y el 31 de decembro de 2014. A cohorte estudada, presentou unha distribución por sexo de 158 mulleres y 48 homes, cunha media de idade en torno a los 61 anos. Deles, o 63,1% tiñan como diagnóstico cancro de mama, 21,5% mieloma múltiple (MM), cancro de próstata 7,8%, pulmón 1,5 %, e a porcentaxe restante outro tipo de tumores. Dos 206 pacientes incluidos, 17 (8,3%) desenvolveron un total de 21 lesións de osteonecrosis de los maxilares por bifosfonatos (OMB), durante o período de estudo. Na estimación da incidencia mediante a metodoloxía de riscos competitivos, atopouse que o risco de desenvolver OMB ó ano de tratamento foi do 0,48% aumentando a 2,54 % aos dous años e o 10 % aos cinco años. A tasa de incidencia para a poboación de referencia foi de 0,68 por cada 100.000 personas/año. As únicas variables que mostraron asociación estadísticamente significativa co desenvolvemento de OMB foron o tempo de tratamento con quimioterapia concomitante e o tempo de tratamento con fármacos antiangiogénicos, e exclusivamente este último cando se considera o risco competitivo de morte. Debido á frecuencia de aparición da OMB comprobada neste estudo, que obxectiva que non se trata dunha rareza e a que constitue unha seria complicación asociada ó tratamento con BFs con repercusions negativas sobre a calidade de vida e supervivencia dos pacientes oncolóxicos, son desexables intervencións preventivas que eviten a súa aparición.