Busca de variantes raras en xenes asociados á esquizofrenia

  1. Suárez Rama, José Javier
Dirixida por:
  1. Ángel Carracedo Álvarez Director
  2. Javier Costas Costas Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Laura Sánchez Piñón Presidente/a
  2. Roberto Carlos Agís Balboa Secretario
  3. Diana Valverde Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 511531 DIALNET

Resumo

A esquizofrenia é unha enfermidade multifactorial complexa xa que na súa aparición interveñen tanto factores ambientais como xenéticos. Esta tése toma de referencia a hipótese enfermidade común- variante rara que sostén que existen múltiples variantes pouco frecuentes na poboación, que teñen un risco asociado moderado e que estarían influíndo no desenvolvemento da esquizofrenia. Nesta tese tratabamos de buscar variantes raras funcionais en DISC1, un xene asociado á doenza, onde viamos que existía unha posible variante funcional asociada a enfermidade na rexión rexión 3´UTR do xene. A continuación estudabamos o papel das variantes comúns non sinónimas no interactoma de DISC1 atopando unha sobre-representación das proteínas que forman parte do interactoma de DISC1, sinalando a este conxunto de xenes como un factor a ter en conta no risco a padecer esquizofrenia. Noutro dos traballo, mediante a secuenciación de nova xeración estudabamos variantes raras cun efecto alto en 21 xenes pertencentes ó interactoma de DISC1 ou que previamente foran asociados á esquizofrenia mediante estudos de GWAS ou CNVs. Así atopabamos unha variante cunha significación nominal presente no xene AKAP9, ademais dunha asociación nominal nos xenes ZNF804A e NRXN1despois de levar a cabo unha análise de acumulación de variantes. Por último, secuenciabamos NRXN1 no total da mostra e levabamos acabo unha meta-análise confirmando un exceso deste tipo de variantes en controis.