Transcriptional analysis reveals new factors involved in the biofilm formation ability of "Acinetobacter baumannii"
- Margarita Poza Domínguez Co-director
- Germán Bou Arévalo Co-director
Defence university: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 31 October 2018
- Jesús Aranda Rodríguez Secretary
- Younes Smani Committee member
Type: Thesis
Abstract
Acinetobacter baumannii é un patóxeno nosocomial que posúe unha enorme capacidade de adaptarse a condicións desfavorables, o que o converte nun importante problema de saúde pública. Os perfís de expresión xénica durante a formación de biopelículas en A. baumannii resultaron diferentes en comparación con células libres planctónicas en fase exponencial e estacionaria. Confirmouse que os xenes A1S_1507, A1S_3168, A1S_2042, A1S_0302 y A1S_0114 que codifican unha proteína de fimbria, una proteína dun pilus, un regulador transcripcional, unha proteína hipotética e un transportador de grupos acilo, respectivamente, están implicados na capacidade de formación de biopelículas en A. baumannii. Ademais, demostrouse que o xene A1S_0114 participa na adherencia a superficies bióticas e abióticas, en virulencia e na síntese dun metabolito denominado acinetin 505. Así mesmo, atopáronse moléculas de sRNAs que se expresan diferencialmente nas biopelículas con respecto ás células planctónicas. Entre eles, destacou o sRNA 13573, altamente expresado en células sésiles, que resultou estar implicado na formación de biopelículas e na adherencia a células eucariotas. Neste traballo, descríbense, dúas novas dianas terapéuticas que participan na patoxénese de A. baumannii: o xene A1S_0114 e o sRNA 13573.