Médicos e medicamentosque nos receitan e por que
- Francisco Caamaño Isorna
- Adolfo Figueiras Guzmán
- Fausto Castiñeiras Isorna il.
Publisher: Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-16954-11-7
Year of publication: 2016
Type: Book
Abstract
Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou radicalmente. En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de apenas unha ducia de medicamentos eficaces ao uso de miles de moléculas con finalidade terapéutica. A explosión farmacolóxica, da que foi responsable en boa medida a industria farmacéutica, deu lugar a grandes avances no tratamento de enfermidades que antes eran mortais. Hoxe a prescrición constitúe a expresión terapéutica máis frecuente e de maior repercusión económica. Nun contexto de fonda crise económica, o importante peso do gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este, polo tanto, un bo momento para a ollada -rigorosa e divulgativa- de dous especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por que.