Caracterización molecular de la osteoartritis de origen metabólicoefecto de los ácidos grasos palmítico y oleico en un modelo "in vitro" de condrocitos humanos

  1. Vázquez Mosquera, María Eugenia
Dirixida por:
  1. Ignacio Rego Pérez Co-director
  2. Francisco J. Blanco García Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Juan Fernández Tajes Presidente
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. María Esther Gallardo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 488141 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A estreita relación entre obesidade e enfermidades metabólicas coa Osteoartritis (OA), independentemente da sobrecarga mecánica da articulación, incitan a pensar que son as alteracións sistémicas derivadas destas patoloxías, tales como o aumento dos niveis circulantes de ácidos graxos (AG), as causantes do proceso artrósico. Neste traballo analizáronse os efectos do ácido palmítico (PA) e Oleico (OL) como AG maioritarios en dieta e plasma, nun modelo “in vitro” de condrocitos humanos. Os resultados deste estudo mostran que o PA produce nos condrocitos efectos altamente relacionados co proceso artrósico tales como unha elevada expresión de marcadores de degradación da cartilaxe, da inflamación, así como un aumento da apoptosis e a tensión oxidativa celular. O estudo sobre o metabolismo celular, indica que o PA produce unha importante disfunción mitocondrial e unha menor capacidade glucolítica, ademáis dun descenso nos niveis de ATP. O OL é capaz de reverter estes efectos, mostrando unha maior capacidade de formación de gotas lipídicas e favorecendo a incorporación do PA a estas estruturas de reserva. Estes resultados poden axudar a explicar un dos mecanismos moleculares que estreitan a relación entre as enfermidades metabólicas e a OA.