Prevalencia de la enfermedad pulmonar obstructiva crónica en población general de 65 y más

  1. García Alonso, Paula
Dirixida por:
  1. Salvador Pita Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Radhames Hernandez Mejia Presidente/a
  2. Cristina González Martín Secretaria
  3. Vicente Gil Guillén Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 466675 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Xustificación do estudo: Determinar a prevalencia da EPOC en Cambre, Municipio de A Coruña, dado que existen poucos estudos representativos españois que inclúan esta provincia. Contribuir a estudar a prevalencia da EPOC para así poder comparala entre diferentes países e rexións, debido a gran prevalencia de morbimortalidade, ao alto grao de variabilidade entre éstes e ao infradiagnóstico e/ou sobrediagnóstico que acontece pola falta de realización da proba funcional (Espirometría), ferramenta fundamental para confirmar ou descartar o diagnóstico da EPOC. Tamén describir a baixa concordancia entre o rexistro na historia clínica e o resultado da espirometría e relación entre a calidade de vida relacionada coa saude e a EPOC. Métodos: Sobre unha mostra aleatoria, estratificada, transversal, de base poboacional de 883 participantes de 65 anos e mais, recoulleuse información sociodemográfica/clínica, a cal incluía a realización dunha proba funcional (Espirometría), cuestionario de vida relacionado coa saude. (SF-36). O proxecto realizouse trala aprobación polo Comité Éti o de investigación clínica de Galicia . (Código do CEIC 2008/264). Solicitouse o consentimiento informado por parte dos pacientes Resultados: A prevalencia da EPOC foi do 14.2%, superior en homes (11,7%), e incrementouse coa idade (18,2% no grupo etario de 70-74 anos) e co consumo de cigarros (40% en fumadores). O diagnóstico previo da EPOC confirmouse por espirometria no 47,5% dos casos e máis da metade dos pacientes (52,5%) que reflectían que tiñan EPOC foron descartados por espirometria. Existe baixa concordancia entre o rexistro na historia clínica e o resultado da espirometria. A idade, o sexo (Masculino), o hábito tabáquico, o grado de disnea, tos crónica e expectoración asocianse significativamente á presencia da EPOC. Non se atoparon diferenzas significativas entre a calidade de vida relacionada coa saude e a presenza ou non de EPOC. Conclusións: A prevalencia da EPOC é do 14,2%, é máis frecuente en homes que en mulleres, aumenta coa idade e co consumo de tabaco medido polo índice de paquetes/ano.