Blurring the boundaries between real and artificial in architecture and urban design through the use of artificial intelligence
- Pazos Pérez, Rafael Iván
- Juan R. Rabuñal Co-director
- Adrián Carballal Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 02 de novembro de 2017
- Jorge Almazán Caballero Presidente/a
- Nieves Pedreira Souto Secretaria
- Antonio Rodríguez Rodríguez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A Tese explora o uso de tecnoloxías 3D para representación arquitectonica e modelaxe 3D, tanto de obxectos ‘reais’, coma de obxectos xerados artificialmente. O uso de tecnoloxías 3D na representación arquitectónica pode acadar uns niveis de realidade similares a fotografías, na medida en que moitas veces é difícil distinguir entre imaxes reais e representacións 3D xeradas artificialmente por ordenadores. A tese estuda o uso das últimas tecnoloxías 3D dispoñibles, combinadas con procesos de intelixencia artificial como un xeito de aumentar o nivel de realidade visaual e exactitude xeometrica de modelos 3D. Esta tese segue dúas liñas principais de investigación. A primeira está relacionada coa representación e visualización arquitectónica, explorando o uso das tecnoloxías láser para detectar imáxes e medidas (LIDAR) e propoñe unha metodoloxía de visualización mediante o uso de infografías basadas en puntos (PBR) para combinar directamente modelos 3D obtidos directamente do ‘mundo real’ e modelos 3D ‘xerados artificialmente’. A segunda liña de investigación está relacionada coa modelaxe de xeometrías arquitectonicas. Usando procesos de computacion evolutiva e auto-organización a fin de acadar un maior grao de realismo en modelaxe 3D, a través da introdución de parámetros do mundo real en algoritmos evolutivos de morfoxénese, deste xeito explorando a idea de auto-xeración de formas. A tese propón a través de tres casos experimentais, algoritmos para cada un deles. O primeiro esta relaccionado coa a visualizacion, o segundo coa morfoxénese xeométrica eo terceiro cos sistemas complexos auto-organizados feitos polo home (cidades). A partir da avaliación dos resultados de cada caso experimental, a tese extraerá conclusións finais sobre o uso da intelixencia artificial como unha metodoloxía para difuminar as fronteiras entre os modelos 3D reais e os xerados artificialmente.