Modeling and analysis of the degradation of smart biomaterials for dental use, and the development and differentiation of bone cells through the differential culture of mesenchymal cells inoculated in dental scaffols
- Silvia Díaz Prado Co-director
- Javier Tarrío Saavedra Co-director
- Salvador Naya Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 23 de xullo de 2019
- David Hui Presidente/a
- Ramón Artiaga Secretario/a
- Clara M. Gómez Clarí Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese doutoral está composta de tres traballos de investigación diferentes publicados en libros e revistas científicas. Nomeadamente, o Capítulo 3 desta tese corresponde ao traballo titulado "Statistical degradation modelling of Poly(D,Llactide- coglycolide) copolymers for bioscaffold applications", publicado en PLOS One e escrito por Javier Tarrío Saavedra, Yaroslava Robles Bykbaev, Salvador Naya, Silvia Díaz Prado, Sara Quintana e Francisco Javier García Sabán [1). O Capítulo 4 é o traballo titulado "An artificial-vision- and statisticallearning- based method for studying the biodegradation of type 1 colla gen scaffolds in bone regeneration systems", sometido a proceso de revisión na revista PeerJ, tendo por autores a Yaroslava Robles Bykbaev, Salvador Naya, Silvia Díaz Prado, Vladimir Robles Bykbaev, Daniel Calle, Clara Sanjurjo Rodríguez, Luis Garzón e Javier Tarrío. O nexo de todos estes traballos é o modelado estatístico de scaffolds con aplicacións en odontoloxía e enxeñaría tisular. Deste xeito, a identificación das variables críticas para a degradación dos scaffolds, detectando as variábeis máis influintes na degradación e medindo a súa importancia, ademais da descripción matemática do camiño de degradación (permitindo a predición do grao de degradación) son algúns dos obxectivos desta investigación. Para este propósito aplicáronse técnicas de deseño de experimentos (experimental e estadístico) adecuadas, ademais de utilizarse as máis pertinentes técnicas estatísticas (desde a análise descritiva á regresión avanzada). A combinación destas técnicas permitiunos estudar dous tipos de degradación, a saber, aquel a debida á hidrólisis e a degradación debida ao crecemento celular na súa acción de formar texidos, e en dous grupos diferentes de materiais, PDLGA e o coláxeno tipo 1 (actualmente utilizados coma scaffolds en moitas e diversas aplicacións).