Utilidad de la ecografía carotidea en el diagnostico de la enfermedad arterial coronaria y su posible valor pronóstico en pacientes con dolor torácico sometidos a ecocardiografía de esfuerzo

  1. Franco Gutiérrez, Raúl
Dirixida por:
  1. María Generosa Crespo Leiro Director
  2. Carlos González Juanatey Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de outubro de 2019

Tribunal:
  1. Mar Moreno Yangüela Presidente/a
  2. Javier Muñiz Secretario
  3. Juan Antonio Sieira Rodríguez-Moret Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 605497 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Antecedentes: hai poucos datos sobre a utilidade da ecografía carotídea para predicir a presenza e a extensión da enfermidade coronaria (EAC) en suxeitos aos que se lles realizou unha proba de detección de isquemia nin para predicir eventos cardiovasculares tras unha coronariografía. Métodos: estudo observacional retrospectivo de doentes aos que se lles foron realizados un ecocardiograma de esforzo (EE), unha ecografía carotídea e unha coronariografía. Para a valoración da presenza e extensión da EAC excluíronse suxeitos con enfermidade vascular previa. Definiuse EE positivo como a aparición de isquemia co esforzo. O grosor da íntima media carotídea (GIMC) e a definción de placa carotídea (PC) realizáronse segundo os consensos internacionais. Considerouse EAC como estenose maior ou igual ao 50 %, a extensión como número de vasos enfermos e evento adverso como infarto de miocardio, accidente cerebrovascular ou morte cardiovascular. Resultados: a existencia de PC asociouse a presenza e extensión de EAC nos 156 suxeitos sen enfermidade vascular previa (odds ratio [OR] de 2,95; intervalo de confianza [IC] ao 95 % 1,25 - 6,93; p = 0,013 e OR = 1,75; IC 95 % 1,20 - 2,55 para extensión; p = 0,004). A adición da PC ao EE non mellorou a capacidade diagnóstica de EAC. A PC predixo eventos adversos nos 390 doentes cateterizados (Hazard ratio = 2,36; IC 95 % 1,02 - 5,44; p = 0,044). Non se acharon resultados estadísticamente significativos ao analizar o GIMC. Conclusións: a ecografía carotídea achega información diagnóstica adicional en suxeitos aos que se realiza un EE e información pronóstica en doentes aos que se lles pratica unha coronariografía.