Infección nosocomial en el postoperatorio inmediato del trasplante cardiacofactores de riesgo y tendencia temporal

  1. Fernández Ugidos, Paula
Dirixida por:
  1. Eduardo Barge Caballero Director
  2. María Generosa Crespo Leiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. María del Carmen Fariñas Pérez Presidente/a
  2. Javier Muñiz Secretario
  3. Luis Almenar Bonet Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 607179 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

OBXECTIVOS: O obxectivo principal deste traballo é identificar factores de risco para o desenvolvemento da infección precoz postoperatoria, antes da alta hospitalaria, tras un TC e desenvolver un modelo predictivo multivariable que permita sinalar o risco de infección nestes pacientes. MÉTODOS: Realizouse un estudo unicéntrico, observacional e retrospectivo, considerando a infección nosocomial postoperatoria como a variable dependente. Como variables independentes, recolléronse características demográficas e epidemiolóxicas de doante e receptor, condicións cirúrxicas e eventos perioperatorios. Levouse a cabo unha análise mediante regresión loxística para identificar os posibles factores de risco. RESULTADOS: Incluíronse 677 trasplantados, con 348 episodios de infección postoperatoria en 239 pacientes. Identificáronse sete variables independentes como predictores da infección precoz postoperatoria: os antecedentes de diabetes mellitus e esternotomía previa, a VMI preoperatoria, o fracaso primario do enxerto, o sangrado cirúrxico excesivo e o emprego de MMF e itraconazol. Seguindo estes resultados, deseñouse unha escala para identificar o risco de infección nosocomial postoperatoria. CONCLUSIÓNS: A infección nosocomial no postoperatorio inmediato do TC é frecuente. A diabetes mellitus, esternotomía previa, a VMI preoperatoria, o fracaso primario do enxerto, o sangrado cirúrxico excesivo e o emprego de MMF e itraconazol identificáronse como factores de risco independentes da infección precoz postoperatoria.