Design, synthesis and characterization of hybrid organic-inorganic materials for energy and environmental applications
- García Fernández, Alberto
- Socorro Castro García Director
- Manuel Sánchez Andújar Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 08 de novembro de 2018
- Francisco Fabregat Santiago Presidente/a
- Digna Vázquez Secretaria
- Ariel Nonato Almeida de Abreu Silva Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese de doutoramento ten como obxectivo principal o estudo de materiais híbridos orgánico-inorgánicos funcionais, en concreto centrase na modulación de propiedades seleccionadas en ditos materiais a través do axeitado deseño da súa composición, estrutura e microestrutura. Neste contexto, esta tese de doutoramento centrarase no estudo de materiais híbridos orgánico-inorgánicos, que tendo unha base química e estrutural semellante, sexan modulables para aplicalos nunha ou en varias das seguintes liñas estratéxicas: enerxía, electrónica e medioambiente. En concreto, vanse a deseñar materiais fotovoltaicos (para o aproveitamento de enerxías a partires de recursos naturais), materiais dieléctricos (para almacenamento de enerxía e fabricación de sensores e memorias), materiais foto- e termoluminiscentes (para aplicacions optoelectrónicas), materiais calóricos (para refrixeración ecolóxica en estado sólido) e materiales que combinen estas funcionalidades con outras habituais neste tipo de compostos: magnéticas, piezoeléctricas, etc. En tódolos casos avaliáronse as propiedades e rendemento dos materiais para determinar o efecto de cada estratexia, e os resultados empregáronse para modificar ditas estratexias co obxecto de obter materiais con óptimos rendementos para cada aplicación.