Diabetic Macular Edema characterization by automatic analysis of Optical Coherence Tomography
- Marcos Ortega Hortas Director
- Jorge Novo Buján Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 11 de decembro de 2019
- José Santos Reyes Presidente/a
- Enrique J. Carmona Suárez Secretario/a
- Nery García- Porta Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O Edema Macular Diabético ( EMD) é unha das complicacións máis importantes da diabetes e unha das principais causas de cegueira prevenible nos países desenvoltos. Entre as diferentes modalidades de imaxe, a Tomografía de Coherencia Óptica ( TCO) é unha técnica de imaxe non invasiva, transversal e de alta resolución que se usa comunmente para a análise e interpretación de múltiples estruturas retinianas e trastornos oculares. Desta maneira, o desenvolvemento dos sistemas de Diagnóstico Asistido por Computador ( DAO) volveuse relevante nos últimos anos, facilitando e simplificando o traballo dos especialistas clínicos en moitos procesos diagnósticos relevantes, substituíndo procedementos manuais que son tediosos e requiren moito tempo. Esta tese propón unha metodoloxía completa para a identificación e caracterización de EMDs utilizando imaxes TCO. Para iso, o sistema desenvolto combina e explota diferentes coñecementos clínicos con estratexias de procesamento de imaxes e aprendizaxe automático. Este sistema automático é capaz de identificar e caracterizar as principais estruturas retinianas e diferentes afeccións patolóxicas asociadas co EMD, seguindo a clasificación clínica de referencia no campo oftalmolóxico. A pesar da complexidade desta relevante patoloxía ocular, o sistema proposto logrou resultados satisfactorios, demostrando ser o sufi cientemente robusto como para ser usado na práctica clínica diaria, axudando aos médicos para producir diagnósticos máis precisos e tratamentos máis adecuados.