Impacto do programa galego de detección precoz do cancro de mama ((PGDPCM) sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia.Período 1980-2012

  1. G Naveira Barbeito 1
  2. M Pollán Santamaría 2
  3. M.I. Santiago Pérez 1
  4. A.B. Fernández Llanes 1
  5. R. Zubizarreta Aberdi 1
  6. A. Malvar Pintos 1
  1. 1 Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Xunta de Galicia
  2. 2 Centro Nacional de Epidemiología, Instituto de Salud Carlos III y CIBERESP
Libro:
XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións: Lugo, 22-23-24 de outubro de 2015. Actas
  1. Ginzo Villamayor, María José (ed. lit.)
  2. Alonso Meijide, José María (ed. lit.)
  3. Ramil Novo, Luis Alberto (ed. lit.)

Editorial: Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) ; Servizo de Publicacións ; Deputación de Lugo

ISBN: 978-84-8192-522-7

Ano de publicación: 2015

Páxinas: 266-272

Congreso: Congreso galego de Estatística e Investigación de Operacións (12. 2015. Lugo)

Tipo: Achega congreso

Resumo

En Galicia, no ano 1992, púxose en marcha o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM), dirixido inicialmente ás mulleres galegas de 50 a 64 anos, aínda que na actualidade abarca ata 69 anos de idade. O obxectivo deste traballo foi estimar o impacto do programa sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia, a través dunha análise idade-período-cohorte. Para isto axustouse un modelo de regresión binomial negativa no que a variable resposta foi o logaritmo das taxas específicas de mortalidade por cancro de mama e as variables explicativas foron: a idade, o período, a cohorte, o cribado considerando a participación e a incidencia de cancro de mama. Os resultados obtidos amosan unha redución do 29% (IC95%: (25, 33)) no risco relativo de morrer por cancro de mama para as mulleres que pasaron polo programa (naqueles concellos nos que se observou unha boa participación) en comparación co grupo de mulleres non cribadas. Este efecto podería estar asociado a un impacto positivo do PGDPCM aínda que non é posible diferencialo totalmente doutros efectos