Psicoterapiasanálise de procesos e resultados
- Marisol Filgueira
- José Eduardo Rodríguez Otero
- Jorge García Fernández
- Fe Lacruz Pardo
- Juan Luis Pintos de Cea Naharro
- Rosa Rey Pousada
- José Luis Rodríguez-Arias Palomo
- Juan Rodríguez Marticorena
ISSN: 1889-1187
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páxinas: 32-152
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumo
O desenvolvemento da actividade profesional dos Psicólogos Clínicos fai necesaria a identificación dos marcos teóricos nos que se insertan as súas práticas habituais, así como o control e avaliación de resultados conforme a criterios vixentes de calidade asistencial. Interésanos averiguar que une e que diferencia as diferentes focaxes de tratamento, cales son os obxectivos das intervencións e se ditos obxectivos se cumpren. Un estudo preliminar de Campos Semánticos con psicoterapeutas de catro ramas (Psicanálise, Psicodrama, Terapia Cognitivo-Condutual e Terapia Sistémica), debatendo sobre tópicos do exercicio profesional, pretende lanzar dimensións onde clasificar os profesionais, o se traballo e os seus tratamentos, e permitir a identificación de variábeis a controlar e a selección dos instrumentos para o seu control nas comparacións pre- post- tratamento sobre a sintomatoloxía dos pacientes. Propoñemonos a descrición dos procesos psicoterapéuticos, sen alterar as condicións naturais na súa administración, e controlar se os resultados gardan relación cos procesos descritos. Iso require unha metodoloxía complexa, adaptada aos obxectivos e rigorosa.