Barreras y facilitadores para el afrontamiento de las mujeres con virus del Papiloma Humano

  1. Freijomil Vázquez, Carla
Supervised by:
  1. María Jesús Movilla Fernández Co-director
  2. Carmen Coronado Co-director

Defence university: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 September 2020

Committee:
  1. Josefina Goberna Tricas Chair
  2. Javier Muñiz Secretary
  3. Lilian Magalhães Committee member

Type: Thesis

Teseo: 634274 DIALNET lock_openRUC editor

Abstract

Obxectivo: explorar as experiencias das mulleres diagnosticadas de neoplasia intraepitelial cervical (NIC) relativas ao proceso de asistencia sanitaria. Metodoloxía: realizouse un estudo cualitativo xenérico utilizando unha perspectiva post-estructuralista do manexo clínico do risco nunha Unidade de Xinecoloxía dun hospital público do Servizo Galego de Saúde (España). A mostra, seleccionada mediante mostraxe intencionada, consistiu en 21 mulleres con idades entre 21 e 52 anos e confirmación diagnóstica de NIC. As entrevistas semiestructuradas graváronse e transcribíronse e se levou a cabo unha análise cualitativa inductiva-deductiva de datos. Resultados: identificáronse dous temas: (a) experiencias das mulleres con NIC con relación ao proceso de atención realizado polos profesionais sanitarios de Atención Primaria y Especializada, e (b) consecuencias da vixilancia médica de NIC na vida persoal e social das mulleres. Conclusións: a información proporcionada ás mulleres era limitada, o que dificultaba que comprenderan e participasen na toma de decisións relativa á vixilancia médica e ao tratamento de NIC. Os/as xinecólogos/as trivializaban os cambios que as mulleres debían levar a cabo e subestimaban os efectos que as recomendacións médicas tiñan sobre o seu benestar persoal e as súas relacións sociais.