Factores humanos, técnicos y psicosociales de la accidentalidad laboral en el sector pesquero de Galicia
- Allegue Osset, Enrique
- Jose Angel Fraguela Formoso Co-director
- Miguel Clemente Co-director
Defence university: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 July 2020
- Manuel Gandoy Crego Chair
- Asunción López-Arranz Secretary
- Javier Telmo Miranda Committee member
Type: Thesis
Abstract
Esta tese doutoral céntrase no estudo dos accidentes laborais que se producen no sector pesqueiro en Galicia. A estatística estudada está formada pola forza de traballo, a frota e a sinistralidade. Estudáronse as características propias de cada unha como a composición, as causas, a forma e a evolución das mesmas. Esta tese doutoral ofrece unha explicación da accidentalidade no sector pesqueiro en Galicia baixo a triple visión de factores humanos, técnicos e psicosociais segundo os parámetros do programa de doutoramento da UDC en Ciencias Sociais e do Comportamento e da unha explicación do desencadeante do accidente rexistrado e facilita o seu estudo para que os técnicos que desenvolvan as súas funcións no sector, implementen as medidas necesarias para mitigalo ou levalo a niveis tolerables. Aínda que se fixeron grandes esforzos polos diferentes actores implicados dende a entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais, a loita contra os accidentes de traballo no sector continúa e agradécense todas as achegas, especialmente da comunidade científica. Esta tese doutoral é unha contribución desde o punto de vista externo ao sector, cunha visión xusta e obxectiva da situación da seguridade e saúde, da frota e dos traballadores do sector en Galicia.