Programa de adestramento en competencia e cognición social en doentes con dano cerebrale-motional training
- Yolanda Maroño Souto
- Miriam Vázquez Campo
- Alejandro A. García Caballero
ISSN: 0213-5973
Año de publicación: 2017
Número: 35
Páginas: 29-53
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Cadernos de psicoloxía
Resumen
INTRODUCIÓN: Os doentes con dano cerebral adquirido presentan diversos trastornos neurocognitivos e emocionais, incluídos cambios na cognición e na competencia social (CS), un constructo que comprende a percepción de emocións (PE) e a percepción social (PS), a teoría da mente (ToM) e o estilo atributivo (EA). O obxectivo deste estudo é poñer a proba a eficacia dun novo programa en liña de adestramento en CS, e-Motional TrainingTM. MATERIAL E MÉTODOS: Estudo piloto prepost intervención en 12 doentes con dano cerebral da Área Sanitaria de Ourense. Intervención: e-Motional TrainingTM inclúe módulos de adestramento en percepción emocional e microexpresións, así como unha curtametraxe de debuxos animados para o adestramento en ToM e EA, alén de feedback metacognitivo e titoriais formativos. Variables: percepción emocional (Ekman 60 Faces Test), ToM (vi- ñetas de Happé, Test das Insinuacións e o Test Faux Pas), estilo atributivo (AIHQ) e intelixencia emocional (MSCEIT) . Análise estatístico: análise descritiva e comparación de variables cualitativas e cuantitativas. O risco α foi de 0,05. As análises realizáronse empregando SPSS 15.0 e Epidat 4.1. RESULTADOS: Os doentes con dano cerebral adquirido mostran dificultades en percepción social, ToM e un nesgo a interpretar negativamente as intencións dos demais. O programa e-Motional TrainingTM obtén resultados estatisticamente significativos (p < 0,05) nestes dominios da CS. DISCUSIÓN: e-Motional TrainingTM permite o autoadestramento en CS e o seguimento en liña do terapeuta, pretendendo completar a rehabilitación neuropsicolóxica dos doentes con dano cerebral.