Incorporando a perspectiva de xénero nunha materia de grao en enfermaría mediante unha ferramenta de traballo cooperativo

  1. Freijomil Vázquez, Carla 1
  2. Movilla Fernández, María Jesús 1
  3. Coronado Carvajal, Carmen 1
  1. 1 Universidade da Coruña, Departamento de Ciencias da Saúde
Book:
(Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-9749-758-9

Year of publication: 2019

Pages: 285-296

Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)

Type: Conference paper

Abstract

Segundo a OMS, o nivel de saúde dos individuos e as comunidades está condicionado polo medioambiente psicosocial que inclúe determinantes sociais como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade. En política de xénero, esta organización indica que a integración das perspectivas de xénero na acción sanitaria obedece a un criterio xusto de saúde pública. As diferenzas entre homes e mulleres na exposición aos riscos para a saúde, no acceso á información, e á atención sanitaria poden ter claras repercusións na saúde. Durante o presente curso académico deseñouse, implementouse e avaliouse cuantitativa e cualitativamente unha actividade académica innovadora destinada á inclusión de perspectiva de xénero na materia “Enfermaría comunitaria I” de Grao en Enfermaría na Universidade da Coruña. Os resultados indican que a maior parte do noso alumnado valorou positivamente a actividade, e que constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes os factores biolóxicos e os relacionados co estilo de vida e as diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario.