Micro Flip Teaching na materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao de Enfermaría
- Carla Freijomil Vázquez 1
- María Jesús Movilla Fernández 1
- 1 Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde-GRINCAR,, GID-EnfermaríaUDC, Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidad da Coruña
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Year of publication: 2020
Pages: 489-492
Congress: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
Deséñase un Proxecto de Innovación Docente para o bloque de investigación cualitativa (2 ECTS) da materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao en Enfermaría, que establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o alumnado para ser consumidor crítico de información científica no ámbito das Ciencias da Saúde. A técnica empregada será o Micro Flip Teaching. Obxectivos da proposta: • Aumentar o protagonismo e a participación do estudantado na aula. • Incrementar a interacción e cooperación entre alumnos/as. Traballo na casa: Asistencia á sesión maxistral desde casa. Estarán dispoñibles en Moodle vídeos gravados polo profesorado unha semana antes das clases presenciais. Cada vídeo, de 10 minutos, abordará un tema de forma gráfica e clara. Para asegurar a asistencia en liña, activaranse dúas actividades de carácter obrigatorio: un foro para que cada alumno/a redacte un comentario coas súas reflexións/dúbidas e un cuestionario para comprobar que comprendeu o contido. Traballo presencial: Contarase con 7 clases de 1 h coa totalidade do alumnado (60 persoas), e 3 seminarios de 1 h (grupos medianos de 20 persoas) despois de cada sesión conxunta. Organización: • 1 h coa totalidade do alumnado: Debate tendo en conta o resultado dos cuestionarios e os comentarios do foro. Isto facilitará a nivelación de coñecementos. • 3 seminarios de 1 h: 20 persoas en cada seminario organizadas en 4 grupos, que traballarán en actividades relacionados con cada tema, obtendo finalmente un proxecto de investigación, que será presentado oralmente durante o último seminario e avaliado (30% da nota final)