O papel dos vínculos afectivos no proceso da adaptación á enfermidade crónica

  1. Jorge García Fernández
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Ano de publicación: 2015

Título do exemplar: O amor

Número: 8

Páxinas: 37-44

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumo

A capacidade para desenrolar alianzas con outros seres humáns desempeña un papel imprescindible no obxectivo de mellorar as nosas condicións de saúde e polo tanto tamén as da nosa especie. Estes vínculos afectivos tanto no marco da familia coma no entorno social máis amplo, compren diversas funcións no desenrolo dos procesos de vivir e polo tanto tamén de enfermar. Mentres os nosos vínculos se manteñen estables, mantemos a capacidade para establecer novos vínculos, de seguir avanzando, medrando, aprendendo.Tanto a inestabilidade nestes lazos como a dirección que as súas influencias exercen ó longo dos distintos momentos da enfermidade, destacan como un dos puntos máis relevantes na consecución de unha adaptación máis ou menos exitosa de este proceso. No presente traballo, dende a fase inicial de normalidade, descríbense sete momentos polos que os pacientes van avanzando no seu proceso de cronificación. Un camiño caracterizado nunha primeira fase pola procura de solucións parcialmente ineficaces, aparición de falsas esperanzas e de esgotamento emocional, que se van sucedendo ata alcanzar un novo estado de estabilidade. Un longo proceso conxunto onde os outros, principalmente aqueles con vínculos afectivos máis estreitos non foron simples espectadores.