Mecanismos implicados en la colonización y la epidemicidad del clon de alto riesgo "Klebsiella pneumoniae ST15"

  1. Gato Corral, Eva
Dirixida por:
  1. Germán Bou Arévalo Co-director
  2. Astrid Pérez Gómez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 05 de novembro de 2021

Tribunal:
  1. María del Carmen Fariñas Pérez Presidente/a
  2. Silvia García Cobos Secretario/a
  3. Iñigo Lasa Uzcudun Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 689676 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Klebsiella pneumoniae ST15 é un clon de alto risco con unha gran plasticidade xenética e portador dunha gran diversidade de xenes de resistencia a antimicrobianos. Está implicado na produción de gromos hospitalarios en todo o mundo e posúe unha gran capacidade para colonizar o tracto gastrointestinal, o que supón un factor de risco importante para o posterior desenvolvemento dunha infección. Esta Tesis Doctoral aborda o estudo dos mecanismos implicados na patoxénesis de K. pneumoniae ST15 co obxectivo de buscar novas dianas terapéuticas e estratexias alternativas para o manexo das infeccións causadas por este clon de alto risco. Para iso utilizamos como modelo un clon epidémico de K. pneumoniae ST15 illado durante un gran gromo producido no Hospital Universitario de A Coruña. A análise comparativa do seu xenoma fronte a outros clons pertencentes a diferentes STs de K. pneumoniae permitiunos identificar as características xenómicas específicas deste clon que poderían estar implicadas no seu éxito como patóxeno. Encontramos que o clon ST15 posúe dous factores de virulencia relacionados coa adherencia que non están presentes no resto de STs analizados. Identificáronse e caracterizáronse por primeira vez en K. pneumoniae un sistema de tipo chaperona-usher pili, o sistema Kpi, e un sistema de secreción de dous compoñentes, o sistema FhaB/FhaC. Estes sistemas están directamente relacionados co fenotipo altamente adherente mostrado polo clon epidémico ST15, xa que están implicados na capacidade de este clon para adherirse a diferentes células eucariotas e formar biofilm. Ademais, os sistemas Kpi e FhaB/FhaC están estreitamente relacionados con este ST e confírenlle unha maior eficacia biolóxica. 20 Por outro lado, demostrouse que o sistema Kpi ten un papel determinante tanto na habilidade mostrada por este clon epidémico para colonizar o tracto gastrointestinal nun modelo murino de colonización, como no seu potencial patoxénico nun modelo de infección en Galleria mellonella. Tendo en conta que os dous sistemas caracterizados neste estudio están claramente asociados co clon de alto risco ST15, estes poden considerarse biomarcadores óptimos para identificar este clon de maneira específica. Neste contexto, ambos sistemas poderían ser usados como diana para detectar K. pneumoniae ST15 con unha alta sensibilidade e especificidade. Finalmente, obtivemos e caracterizamos un extracto salino de Vaccinium corymbosum con un alto contido en polifenois. Este extracto inhibe a adhesión a células eucariotas intestinais e a formación de biofilm na cepa Kp3380. O efecto antiadherente producido por este extracto reduce significativamente a colonización intestinal producida por K. pneumoniae nun modelo murino.