Estudio clínico para el uso alogénico de células mesenquimales estromales (CMEs) expandidas de tejido adiposo en perros con artrosis

  1. Sánchez Pedreira, Paula Catarina
Dirixida por:
  1. Francisco J. Blanco García Co-director
  2. Ángela Vela Anero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de outubro de 2021

Tribunal:
  1. Laura Otero Ortega Presidente/a
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. Gustavo Ortiz Díez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 647273 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A artrose (OA) é una enfermidade que afecta ás articulacións sinoviais e que se caracteriza porque afecta á cartilaxe articular e provoca diversas alteracións en tódolos tecidos que conforman este tipo de articulacións. É unha enfermidade que conduce á perda de calidade de vida, posto que os seus síntomas máis característicos son a dor e a rixidez articular, o que leva á perda de mobilidade. Os tratamentos que se atopan dispoñibles a día de hoxe son multidireccionais e principalmente focalízanse na redución da dor, non existe un tratamento definitivo que cure ou deteña a progresión da enfermidade. Por isto, nos últimos anos, estanse a realizar moitos estudos centrados na busca dun tratamento que poda resolver estes problemas. Un dos tratamentos que se atopa baixo investigación é o uso de células mesenquimais estromais (CMEs), as cales parecen ser unhas posibles candidatas como tratamento contra a enfermidade da OA. O obxectivo xeral do presente proxecto de investigación é estudar a seguridade e o efecto terapéutico do uso aloxénico das CMEs expandidas de tecido adiposo en cans con OA. Para chegar a resolver este obxectivo, realizouse unha caracterización de células obtidas de graxa de cans sans menores de dous anos. A continuación, estas células inxectáronse intraarticularmente nas articulacións de cans que padecían a OA. Avaliouse a seguridade da administración destas células e tamén se levou a cabo unha avaliación das articulacións tratadas en diferentes visitas realizadas ao longo dun ano de estudo. Os resultados obtidos indícannos que a aplicación heteróloga das CMEs derivadas de tecido adiposo non producen rexeitamento por parte dos receptores e polo tanto a súa administración é segura. Ademais, púidose ver que, a pesar de que é necesario un estudo cunha n moito maior para poder concluír duna forma máis rotunda, os cans tratados con CMEs manteñen e incluso melloran a funcionalidade das articulación, e a aplicación de estas células parecen ter un efecto similar á administración oral dun AINE (antiinflamatorio non esteroideo) como o Meloxicam. É preciso realizar un estudo máis exhaustivo para poder obter uns resultados en canto a efectividade do tratamento máis fidedignos.