Modelo experimental de injerto nervioso acelular como soporte para células troncales mesenquimales en la trasferencia del nervio frénico para la reparación de lesiones selectivas de C5 y C6 de plexo braquial|

  1. González Rodríguez, Alba
Dirixida por:
  1. María del Carmen Arufe Gonda Co-director
  2. Nerea Comellas Melero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de xaneiro de 2022

Tribunal:
  1. Beatriz Brea García Presidenta
  2. Francisco Javier Pacheco Compaña Secretario
  3. Sara Alicia González Porto Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 702673 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxecto deste proxecto de investigación ten como finalidade desenvolver un modelo experimental para lesións preganglionares selectivas do tronco superior do plexo braquial mediante a reparación baseada nunha transferencia do nervio frénico ao nervio musculocutáneo e aclarar, mediante unha análise comparativa, as diferenzas nos resultados obtidos despois da interposición de tres tipos diferentes de enxertos nerviosos na reparación da lesión; Ao mesmo tempo, pretendemos incorporar unha opción de reconstrución interpoñendo na lesión tecido nervioso acelular como soporte estrutural para un cultivo de células troncais mesenquimais da medula ósea. 42 ratas Wistar-Lewis foron sometidas a una lesión nas raíces C5 e C6 no membro anterior dereito por escisión dun segmento de 3 mm de ambas raíces ao nivel do foramen intervertebral, seguido da transferencia do nervio frénico ao nervio musculocutáneo asociado a interposición de tres tipos de enxerto nervioso: grupo control (autoenxerto), grupo experimental A (tecido nervioso acelular) e grupo experimental B (tecido nervioso acelular + células troncais mesenquimais). As ratas distribuíronse aleatoriamente nos grupos. A reparación con células nai mesenquimais incorporadas ao tecido nervioso acelular ten como obxectivo aumentar o potencial de recuperación do enxerto acelular illado, intentando igualalo cos resultados obtidos co enxerto autólogo. O obxectivo é 13 lograr un tecido que permita minimizar a morbilidade cirúrxica, xa que non faría necesario sacrificar o tecido nervioso funcional e constitúa un banco de tecidos ilimitado nos casos en que non hai nervios doadores. Despois de 12 semanas, realizouse un estudo electrofisiolóxico para medir a amplitude e a latencia do potencial de acción nervioso e do potencial de acción motor composto. O enxerto nervioso estudouse mediante microscopía electrónica, o músculo bíceps mediante análise histolóxico e a metade proximal do enxerto nervioso (grupo experimental B) mediante análise de fluorescencia. Atopáronse reducións estatisticamente significativas na latencia do potencial de acción motor composto entre o grupo control e os dous grupos experimentais e aumentos na amplitude do potencial de acción motor composto entre o control e o grupo experimental B, así como no espesor da vaiña de mielina entre os grupos control e os dous grupos experimentais e na área da vaíña de mielina entre os grupos control e experimental A (P < 0.05). Non se atoparon diferenzas estatisticamente significativas entre os grupos experimentais A e B.