Test de esfuerzo con consumo de oxígeno en insuficiencia cardíaca avanzada: influencia de la comorbilidad en su valor pronóstico

  1. Roibal Praviio, Javier
Dirixida por:
  1. María Generosa Crespo Leiro Co-director
  2. Eduardo Barge Caballero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 de marzo de 2022

Tribunal:
  1. Manuel F. Jiménez Navarro Presidente/a
  2. Javier Muñiz Secretario
  3. Ángela López Sainz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 710155 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

INTRODUCIÓN A intolerancia ó exercicio é un dos principais síntomas de insuficiencia cardíaca ( IC) e o consumo máximo de oxígeno (V02 máx) é un parámetro fundamental para evaluala. OBXETIVOS O naso obxetivo principal foi identificar qué parámetros clínicos son os máis determinantes á hora de establecer o V02 máx nunha cohorte de doentes con IC. Como obxetivo secundario, propuxémonos avaliar o impacto das principais comorbilidades asociadas á IC sobre 0V02máx. MÉTODOS Realizamos un estudo observacional retrospectivo que incluiu a doentes con IC atendidos na unidade especializada de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) ós que se les realizó un TECP entre 2009 e 2019 como parte dun protocolo clínico estándar. O seguimento extendeuse ata decembro do ano 2020. Recolléronse as características clínicas basáis así como variables específicas en relación ó TECP. RESULTADOS Seis variables permaneceron como predictores independentes do V02 máx: maior idade, peor clase funcional NYHA, maior valor plasmático de NT-proBNP e un maior índice de masa corporal (IMC) asociáronse de forma estadísticamente significativa e independente cun menor V02 máx. Ademáis, asociouse un maior TAPSE e un valor plasmático de hemoglobina superior cun valor de V02 máx máis alto. Na análise de supervivencia univariante, observamos un incremento do risco de marte ou trasplante cardíaco (TC) de acordo a menores valores de V02 máx; sen embargo, esta asociación perdeu a súa significación estadística tralo axuste multivariante polos 6 factores clínicos determinantes do VO2 máx e, polo tanto, non se demostrou independiente. A capacidade discriminativa global do VO2 máx para clasificar o risco de marte ou TC a 1 ano de seguimento foi baixa (área baixo a curva ROC = 0,63). Os puntos de corte VO2 máx <14 ml/kg/min e VO2 máx <12 ml/kg/min presentaron una sensibilidade do 29% e do 17% e unha especificidade do 88% e do 95%, respectivamente, para a predicción de dita evento combinado. Observamos unha variación marcada dos valores predictivos positivo e negativo da proba nas diferentes eras temporais e subgrupos clínicos analizados. CONCLUSIÓNS O naso traballo destaca a importancia das condicions clínicas asociadas como determinantes da tolerancia ó exercicio en pacientes con IC, e reforza a importancia do manexo adecuado das comorbilidades para mellorar a capacidade funcional nestes individuos. Ademáis, pon de manifesto a necesidade de interpretar de forma diferente o valor pronóstico do test de esforzo cardiopulmonar en función das características clínicas e comorbilidades asociadas do doente.