Study of the Lysogenic Phages and Their Potential Applications in Clinical Strains of Multi-Drug Resistant Bacteria

  1. Ambroa, Antón
Dirixida por:
  1. María Tomás Co-director
  2. Lucía Blasco Otero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de febreiro de 2022

Tribunal:
  1. Jesus Oteo Iglesias Presidente/a
  2. Pilar García Suárez Secretario/a
  3. Joana Azeredo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 708372 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As bacterias con múltiples resistencias supoñen unha ameaza a nivel global. Nos últimos anos, a terapia de fagos reconsiderouse amplamente como unha alternativa aos antibióticos. Especialmente, demostrouse que os fagos líticos teñen un gran potencial para tratar infeccións con bacterias multirresistentes. Nesta tese presentamos a utilidade e o estudo dos fagos lisoxénicos en cepas clínicas de bacterias con múltiple resistencia aos antibióticos. En relación ao potencial dos fagos lisoxénicos en terapia de fagos, desenvolvemos a estratexia de converter un fago lisoxénico nun lítico, Ab105-2φΔCI, e caracterizar a súa actividade microbiana. Tamén purificamos e caracterizamos a actividade microbiana de dúas endolisinas, ElyA1 e ElyA2 de dous profagos dunha cepa clínica de A. baumannii. Ambas alternativas demostraron ser efectivas en combinación con antibióticos. En relación ao estudo dos fagos lisoxénicos en cepas clínicas, sinalamos a problemática da posible aparición de resistencia contra fagos e a importancia de buscalas e caracterizalas buscando in silico mecanismos de resistencia contra fagos en cepas clínicas de A. baumannii. Tamén localizamos 4 profagos completos en cepas clínicas de P. aeruginosa, 2 deles foron novamente identificados: un fago do tipo Siphovirus, AUS531phi, e outro filamentoso do tipo Inovirus, pf8. Ademais, caracterizamos un xene que incrementa a habilidade dun deles, o xene bci en AUS531phi, para infectar a bacteria mediante a regulación do Quorum Sensing.