Violencia obstétrica en españa, realidade ou lenda? 17.000 mulleres opinan

  1. González Salgado, Sofía 1
  2. Iglesias Casás, Susana 1
  3. Conde García, Marta 1
  4. Parada Cabaleiro, María Esther 1
  1. 1 Servizo Galego de Saúde
    info

    Servizo Galego de Saúde

    Coruna, España

Libro:
(Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-9749-758-9

Ano de publicación: 2019

Páxinas: 409-420

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Obxectivo Investigar a calidade percibida polas mulleres atendidas con motivo dun proceso obstétrico en centros sanitarios españois, e a súa satisfacción cos coidados recibidos.Material e Método Estudo descritivo retrospectivo mediante enquisa en liña anónima. Resultados Da mostra de 17.677 respostas, a atención polos sanitarios obtivo unha nota media de 6,9 sobre 10. O 45,8 % das mulleres opinaron que os sanitarios non solicitaron o seu consentimento informado antes de cada técnica realizada, e o 49 % que non tiveron posibilidade de clarexar dúbidas ou expresar medos. O 38% percibiron que durante o parto recibiron procedementos que non necesitaban e/ou podían ser prexudiciais para a súa saúde. O 34 % opinaron que sufriran violencia obstétrica. Conclusións O nacemento dun fillo/a ou a súa perda son eventos que deixan unha importante pegada na saúde dunha muller e da súa familia. Os/as axentes de saúde debemos reflexionar sobre o impacto xerado polos nosos coidados, a necesidade de basealos en evidencia científica, e a obriga de respectar os dereitos das usuarias, mesmo se non os coñecen ou non os chegan a esixir. Os resultados recoñecen áreas nas que se poden e deben mellorar as prácticas de atención obstétrica, incluíndo o trato.