A abordaxe da cronicidadea encrucillada da Atención Primaria
- 1 Medicina Familiar e Comunitaria. EOXI de Santiago de Compostela.
ISSN: 0304-4866, 1989-3922
Ano de publicación: 2016
Volume: 77
Número: 1
Páxinas: 7-13
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Galicia Clínica
Resumo
O progresivo envellecemento da poboación galega supón un crecemento nos custos do sistema sanitario e un desafío para a sociedade no seu conxunto para abordar os coidados e necesidades destes pacientes. Na actualidade a fragmentación do sistema sanitario en niveis e a práctica ausencia dunha coordinación entre estes e os servizos sociais fai necesario o desenvolvemento de instrumentos e canles que optimicen os recursos e melloren de forma progresiva a atención integral das persoas en situación de cronicidade. Durante os últimos anos definíronse diversos modelos de atención á cronicidade nun intento de mellorar a eficiencia da xestión dos sistemas sanitarios. Neste artigo descríbese un modelo de atención integral centrado no traballo en rede e transversal entre os diferentes actores de sistema sanitario implicados na atención á cronicidade, así como as oportunidades de mellora do modelo de atención á cronicidade.