Prevencion e epidemioloxía dos transtornos da conduta alimentaria en estudantes de secundaria galegos/as. Resultados preliminares
- María Calado Otero
- Carmen Rodríguez del Toro
- Jesús Pérez Hornero
- María José Gastañaduy Tilve
- Pedro Manuel Ruiz Lázaro
ISSN: 1889-1187
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páxinas: 748-753
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumo
OBXECTIVO: prevención e epidemioloxía en TCA en adolescentes precoces galegos/as. METODOLOXÍA: ensaio aleatorizado con grupo de intervención (currículo ZARIMA) e grupo control nunha mostra comunitaria de estudantes de 1º de ESO durante o ano 2007 con seguimento aos doce meses. Avaliación: mediante o Eating Attitudes Test-26 e a entrevista diagnóstica SCAN3 para detectar os casos de transtornos alimentares. RESULTADOS: participan 16 centros de Santiago, Vigo e Ourense de titularidade pública e privada cun total de 30 aulas. O 10,45% dos/as estudantes estaban en risco de TCA durante o primeiro ano fronte ao 5,9% durante o segundo ano. A prevalencia puntual de Transtornos da Conduta Alimentaria (TCA) o primeiro ano é de 7/641, o 1,1,% de Transtornos da Conduta Alimentaria Non Especificados (TCANE) F50.9; mentres que, a prevalencia puntual de TCA no segundo ano é de 6/595, o 1% de TCANE F50.9 e de Bulimia Nerviosa (BN) F50.3. CONCLUSIÓNS: os resultados amosan unha importante diminución do risco de TCA ao ano de seguimento, mentres que se mantén estábel a porcentaxe de casos novos detectados.