Sistemas portátiles de hemodiálisis domiciliaria

  1. Paula Cantero Muñoz
  2. Marta Cuntín González
  3. María José Faraldo Vallés

Editorial: Conselleria de Sanidade ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia

Ano de publicación: 2022

Tipo: Libro

Resumo

Os sistemas portátiles de diálise domiciliaria (HDD) están deseñados para que os pacientes realicen o seu tratamento de diálise no seu domicilio. Son equipos compactos e lixeiros que lle permiten ao paciente adaptar as sesións de diálise ás súas necesidades e estilo de vida. Aumentan a autonomía e independencia, melloran a integración familiar, social, laboral e escolar; non necesitan realizar modificacións no domicilio e as versións máis recentes permiten a telemonitorización. Comparado con outras técnicas de diálise (peritoneal e hospitalaria), os estudos, aínda que de baixa calidade, demostran que a HDD presenta un perfil de seguridade e efectividade favorable.