Indicadores de proceso e control lipídico en pacientes hipercolesterolémicos

  1. Segade Buceta, X.
  2. Purriños Hermida, María Jesús
  3. Pérez Llamas, Miguel
  4. Santos Rodríguez, José Antonio
Revista:
Cadernos de atención primaria

ISSN: 1134-3583

Ano de publicación: 2004

Volume: 11

Número: 3

Páxinas: 138-141

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria

Resumo

Obxectivo. Coñecer se unha maior cumprimentación dos indicadores de proceso garante un mellor control das cifras lipídicas. Doentes e métodos. O estudo levouse a cabo nun total de 17 centros de saúde da Área de Atención Primaria de Santiago. Partiuse da avaliación da carteira de servizos dos pacientes hipercolesterolémicos do ano 2003, sendo o tamaño final da mostra de 803 pacientes. Trátase dun estudo analítico transversal. Mediuse a calidade das historias clínicas (HC) a través das seguintes variables: rexistro de antecedentes familiares e persoais; constancia dunha exploración física completa e dunha analítica inicial, cálculo do risco cardiovascular, rexistro de consello hixiénico-dietético e de consello antitabáquico en fumadores, e existencia de alomenos un control anual que inclúa un perfil lipídico; tamén se recolleron as dúas últimas cifras de colesterol total, cLDL e cHDL. Finalmente recolléronse variabeis que puidesen ser factores de confusión: idade, xénero, presenza de cardiopatía isquémica, anos de evolución, tratamento farmacolóxico, presenza de diabete asociada, de HTA e de tabaquismo. Resultados. Do total dos 8 ítems, que miden a calidade da historia clínica, un 61% delas teñen cumprimento de 7 a 8 ítems. O 68,2% dos pacientes toman tratamento farmacolóxico. Teñen diabete asociada un 18,6%, e HTA un 48,5%. Son fumadores un 23,9%. Hai un bo control lipídico nun 27,3% dos pacientes, sen existir diferencias estatisticamente significativas entre os pacientes en prevención primaria e secundaria. Mediante regresión loxística comprobouse que nin o maior cumprimento de ítems nin ningunha outra variabel estudiada está relacionada co bo ou mal control lipídico. Conclusión. Unha maior cumprimentación dos indicadores de proceso non garante un mellor control das cifras lipídicas.