Estudio comparativo da conducta diante dunha farinxite aguda usando os criterios clínicos habituais frente o uso dun test rápido estreptocócico e a comprobación dun algoritmo diagnóstico
- Ricoy Lago, Xoán Antón
- Carames, M.
- Vidal, E. G.
- Cid, M. L.
- Marini, R.
- Martínez, N.
- Rodríguez, S.
- Campo, A. do
- Otero, E.
- Valiño López, Dolores
ISSN: 1134-3583
Ano de publicación: 2001
Volume: 8
Número: 1
Páxinas: 6-12
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria
Resumo
Introducción. A farinxite é un dos problemas máis comúns en medicina xeral e pediatría. Sen embargo as estratexias para o seu manexo non están demasiado claras. O uso axeitado da clínica e o laboratorio é necesario para previr o abuso de antibióticos. Obxectivos. Comparar a conducta clínica habitual fronte as infeccións de gorxa, co uso dun test de diagnóstico rápido fronte o estreptococo do grupo A. Analizar a aplicación dun algoritmo clínico-terapéutico de referencia na nosa mostra. Método. Nunha mostra prospectiva de 124 pacientes de idades comprendidas entre os 3.10 e os 78 anos de idade rexistramos os signos e síntomas clínicos e realizamos unha dobre toma de exudado farínxeo dun test de aglutinación en látex fronte o estreptococo e un cultivo farínxeo. Resultados. Aplicando a conducta clínica habitual houbérase tratado a un 48.3% dos pacientes que presentaban un cultivo negativo fronte a un 1.5% se se utilizara o test (p<0.05). O algoritmo de referencia, é inadecuado para nosa mostra pola diferencia estadística entre os grupos. O test estreptocócico demostrou unha sensibilidade do 80% e unha especificidade do 99%. Obtivemos unha frecuencia de infección estreptocócica do 36.3%. Conclusión. Para o manexo da farinxite aguda é preciso unha combinación adecuada da clínica combinada co uso dun test estreptocócico, e nos casos necesarios a realización dun cultivo farínxeo.