Vinculo afectivo e alianza de traballo psicoterapéuticocando amor e traballo van da man
- Yolanda Castro Casanova
- María Gabriela Domínguez Martínez
ISSN: 2444-6653
Year of publication: 2015
Issue Title: O amor
Issue: 8
Pages: 67-86
Type: Article
More publications in: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
Abstract
Este artigo trata de ilustrar o procedemento psicoterapéutico desde a perspectiva da relación, vínculo ou alianza terapéutica. O uso de elementos afectivos no establecemento e mantemento da alianza de traballo psicoterapéutico con pacientes non motivados, ilústrase coa descrición do procedemento de intervención seguido con dúas persoas usuarias do sistema de saúde mental e do sistema de protección de menores respectivamente. O ter en conta os elementos contextuais dos sistemas institucionais nos que se atopan os pacientes, permite o establecemento dun contexto de intervención terapéutica que marque unha diferenza para a confianza, colaboración e implicación persoal no proceso terapéutico.