Lesión medular aguda traumática por encima de T6epidemioloxía e impacto da disfunción de órganos na mortalidade e estancia en UCI

  1. Esmorís Arijón, Inés
Dirixida por:
  1. Rita Galeiras Vázquez Co-director
  2. Sonia Pértega Díaz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Joan Vidal Samsó Presidente/a
  2. Rosa Meijide Faílde Secretaria
  3. Paula Fernández Ugidos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 760758 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Caracterizar os doentes que ingresan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) con Lesión Medular Aguda Traumática (LMAT) por riba de T6, a súa mortalidade e estancia, e o valor pronóstico da escala SOFA de disfunción de órganos. Métodos: Estudio observacional retrospectivo de doentes con LMAT por riba de T6 ingresados na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña no período 1998 - 2017 (n = 241). Resultados: A idade, o índice de Charlson e o APACHE II ao ingreso aumentaron no período estudado, disminuíndo a estancia na UCI. Non houbo cambios na mortalidade intraUCI (12,4 %) nin hospitalaria (23,7 %). As variables predictoras de mortalidade intraUCI foron a idade (OR = 1,05), SOFA día 0 (OR = 1,42), ΔSOFA 4 - 0 (OR = 1,53) e balance de líquidos no cuarto día (OR = 1,16). Un 29,4 % permaneceron ingresados ≥ 30 días na UCI, sen que se asocie a estancia prolongada con maior mortalidade post-alta (HR = 0,80; p = 0,699). Maior índice mo¬tor (sHR = 1,01), menor SOFA (sHR = 0,82), menor balance de líquidos no cuarto día (sHR = 0,95) e a ausenza de infección asociaronse con menor estancia na UCI. Conclusións: Constátase un cambio epidemiolóxico, e o impacto da disfunción de órganos e o balance de líquidos na mortalidade e estancia destes doentes.