New contrast agents alternative to those based on gadolinium
- Uzal Varela, Rocío
- David Esteban-Gómez Co-director
- Aurora Rodríguez-Rodríguez Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 de outubro de 2022
- Laura Valencia Matarranz Presidente/a
- Digna Vázquez Secretaria
- Marcelino Maneiro Maneiro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxectivo principal da presente tese de doutoramento é o desenvolvemento de novos sistemas baseados en metais de transición que posúan unha estabilidade termodinámica e inercia química elevadas, e que poidan ser empregados en lmaxe por Resonancia Magnética (IRM) como unha alternativa aos axentes de contraste comerciais existentes baseados en gadolinio. Con este fin, realizouse unha revisión bibliográfica das constantes de estabilidade dos complexos de Gd3+ e Mn2+ que permitiu o desenvolvemento de expresións empíricas capaces de predicir as constantes de estabilidade dos complexos de ámbolos dous ións, así como o valor de pM a pH = 7,4. En base a estes resultados, levouse a cabo o deseño, síntese, caracterización e estudo das propiedades fisicoquímicas de novos complexos metálicos de Mn2+ baseados en sistemas acíclicos (análogos ríxidos de H4PDTA) e macrocíclicos (derivados da plataforma triazaciclononano, TACN). Finalmente, realizouse unha análise detallada in vitro da capacidade destes novos sistemas para actuar coma axentes de contraste apoiada en estudos computacionais (DFT e CASSCF /NEVPT2). Estes estudos permitiron obter información estrutural e do comportamento en disolución dos sistemas preparados, así como información a nivel molecular sobre os mecanismos polos que darían resposta en IRM.