Desarrollo de un servicio avanzado de la farmacogenética clínicaintegración de abordajes genómicos y de tecnologías de la información

  1. Ramudo Cela, Luis
Dirixida por:
  1. Lorenzo Monserrat Iglesias Co-director
  2. Francisco J. Blanco García Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de xaneiro de 2023

Tribunal:
  1. Dolors Soy Muner Presidente/a
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. C. Peña Gil Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 781933 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: Os modelos dispoñibles para a implantación farmacoxenética con tecnoloxías de secuenciación de nova xeración, ou NGS polas súas siglas en inglés, son escasos, limitando a súa incorporación nos procesos asistenciais. Hipótese: Un enfoque farmacoxenético que integre técnicas de NGS, tecnoloxías da información e coñecementos clínicos permite a súa aplicación sanitaria. Obxectivos: Desenvolver unha plataforma farmacoxenética NGS e unha base de coñecemento para a implantación sanitaria. Validación analítica e avaliación do rendemento clínico. Material e métodos: Desenvolveuse un proceso de enriquecemento de captura (SureSelect-XT, Agilent®) e unha secuenciación de extremos pareados (Illumina®) xunto con ferramentas bioinformáticas e un repositorio de coñecemento para a interpretación dos resultados xenómicos. Realizouse a validación analítica con mostras control de liñas celulares caracterizadas en múltiples plataformas farmacoxenéticas. A avaliación do rendemento clínico realizouse nunha cohorte de 395 pacientes con enfermidades reumáticas. Resultados: Obtivéronse sensibilidades e especificidades analíticas >99%. Os individuos estudados albergaron variantes de interese nunha media de 5 dos 20 xenes analizados e unha mediana de 34 fármacos por paciente (26% do total avaliado) que requirirían un enfoque terapéutico alternativo debido ao seu xenotipo. Conclusións: a plataforma desenvolvida demostrou uns parámetros de rendemento analítico e de rendemento clínico adecuados para a súa implementación sanitaria. Ademais, corrobórase a importancia da farmacoxenética como ferramenta para o uso racional dos medicamentos.