A innovación tecnolóxica na atención sociosanitariaFeitos e oportunidades
- Pilar Farjas Abadía
- Beatriz Pais Iglesias
ISSN: 1698-5966
Ano de publicación: 2017
Título do exemplar: Salud y autismo
Número: 21
Páxinas: 13-24
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista
Resumo
O papel do paciente está evolucionando cara a unha posición activa de corresponsabilidade en estilo de vida e autoxestión da súa saúde, enfermidade e coidados; é dicir, estase convertendo nun paciente empoderado. Nun ámbito de envellecemento e cronicidade, as tecnoloxías da información e a comunicación (en diante, TIC) preséntanse como unha oportunidade promotora de cambios; cambios que teñen que ver coa mellora na calidade asistencial, cunha maior eficiencia, cunha mellor accesibilidade á información e aos servizos e, especialmente, cunha atención integrada, continua e coparticipada de pacientes e coidadores. O Sergas está abordando esta aposta pola innovación na relación cos seus usuarios a través da creación da plataforma É-Saúde e da liña de empoderamento do proxecto Código 100.