LEAP-2, integración funcional tejido específica en el balance energético
- Sabela Casado Masa
- Sulay A. Tovar Carro Director
- Carlos Diéguez González Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 31 de marzo de 2023
- Manuel D. Gahete Presidente/a
- Luisa Maria Seoane Camino Secretaria
- Cintia Folgueira Cobos Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Ghrelina é unha hormona orexixénica con funcións adipoxénicas e tamén favorece a liberación de GH exercendo as súas accións a través do receptor secretagogo da hormona de crecemento (GHSR1a). O descubrimento de LEAP-2 como ligando endóxeno do receptor da ghrelina, mostrando efectos opostos á ghrelina en canto á ingesta, abriu un novo campo de estudo, fomentando a investigación sobre o seu potencial como posible diana terapéutica contra a obesidade. Nesta tese de doutoramento tentamos dilucidar as accións do LEAP-2 na regulación da homeostase enerxética e os seus efectos antagonizando a ghrelina, determinando os mecanismos fisiolóxicos responsables destes efectos. Mediante modelos preclínicos de rato analizouse o efecto do seu tratamento central sobre a termoxénese e o metabolismo hepático en diferentes condicións como dietas que inducen a obesidade e resistencia á ghrelina e durante o envellecemento. Para discernir as accións centrais e periféricas de LEAP-2, realizáronse experimentos in vitro con cultivos primarios de tecido adiposo e liñas celulares de hepatocitos humanos. Os nosos resultados indican que o LEAP-2 está regulado polo estado nutricional inversamente ao da ghrelina, e que a súa administración central exerce importantes accións sobre a homeostase enerxética do organismo, actuando sobre a termoxénese e o metabolismo dos ácidos graxos no fígado. Por outra banda, a nivel periférico actúa de forma directa sobre o fígado e o tecido adiposo, segundo confirman os experimentos realizados con liñas celulares. En conclusión, LEAP-2 sitúase como unha hormona contrarreguladora, xogando un papel fundamental no sistema de ghrelina e podería considerarse como unha nova diana terapéutica no tratamento da obesidade, MAFLD e outras enfermidades metabólicas