Valor de los planos ecocardiográficos no apicales en la reclasificación al alza de la estenosis aórtica

  1. Pazos López, Pablo
Dirixida por:
  1. Jesús Peteiro Vázquez Director
  2. Andrés Íñiguez Romo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. María Generosa Crespo Leiro Presidenta
  2. Gonzalo de la Morena Valenzuela Secretario/a
  3. Manuel Barreiro López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 793859 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Propósito. Obxectivo principal: determinar o valor dos planos ecocardiográficos non apicais (PNA; parasternal dereito (PED), subcostal (SC) e suprasternal (SE) na reclasificación ascendente da estenose aórtica (EA) graduada a partir do plano apical 5 cámaras (API5c). Obxectivos secundarios: a) analizar a factibilidade e reproducibilidade da gradación da EA mediante PNA, b) avaliar a relevancia prognóstica da reclasificación ascendente da EA a través dos PNA. Métodos. Recrutáronse prospectivamente 269 doentes con EA (idade media 76±9 anos, 44% mulleres) ós que se someteu a unha valoración ecocardiográfica da estenose dende os planos API5c e PNA. Despois do ecocardiograma os doentes foron seguidos a través da revisión das historia clínicas electrónicas e mediante entrevistas telefónicas cando se considerou necesario. Resultados. A factibilidade da gradación da EA dende PNA foi a seguinte: PED 78%, SC 81% e SE 56% (SC vs SE, p=0,009). As reclasificación ascendentes polos PNA de acordo a criterios de velocidade máxima, gradiente medio, área y área indexada foron do 24%, 17%, 24% e 22% respectivamente (p<0,0001). De acordo os criterios de gravidade observáronse as seguintes reclasificacións co estudo mediante os PNA: de EA non grave a EA grave 19%, de EA grave de baixo gradiente a EA grave de alto gradiente 23% e de EA non crítica AE crítica 3% (p<0,0001). As taxas de eventos cardíacos maiores observadas ós 4 anos de seguimento foron: nas EA non graves 41%, nas EA graves nos PNA 67%, nas EA graves no plano API5c 68% e nas EA graves nos planos API5c e PNA 80% (p<0,001). A reproducibilidade da cuantificación da EA dende os PNA foi de aceptable a excelente (coeficientes de correlación intraclase: PED=0,61, SC=0,92, SE=0,44) Conclusión. A avaliación da EA dende os PNA é factible, reproducible e proporciona un valor adicional ó estudo desde API5c polo que se recomenda o seu uso.