New neuroinspired algorithms in Artificial Neuro-Astrocytic Networks

  1. Álvarez González, Sara
Dirixida por:
  1. Francisco Cedrón Director
  2. Alfonso Araque Almendros Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. Marta Navarrete Presidente/a
  2. Carlos Fernández Lozano Secretario
  3. Carmen Pérez de Nanclares Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 814154 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta tese preséntanse unha serie de algoritmos complexos a partir de Redes de Neuronas Artificiais (RNA) clásicas deseñados desde unha perspectiva mulitidiciplinar que achega os campos da Intelixencia Artificial e a Neurociencia, buscando representar in silico a sinapsis tripartita. Todos os algoritmos deseñanse como un circuito complexo no que unha RNA modula a outra RNA principal para conseguir mellorar o seu rendemento. O algoritmo central nesta tese e o chamado DAM, o cal conta cun astrocito artificial que tamén modula o circuito de dous RNAs mencionado. Para estudar a influencia dun astrocito artificial sobre o circuito, deseñanse otros dous algoritmos de control. O primeiro deles, DM, componse exclusivamente da segunda RNA modulando a RNA principal; mentres que o segundo, CONTROL, e un algoritmo que como elemento modulador intermedio ten un elemento que ten un funcionamento interno idéntico ao das demais neuronas artificiais que componen o resto do circuito. Deseñaronse un total de catro comportamentos do astrocito artificial inspirados en diferentes realidades biolóxicas para explorar se había algunha das elixidas que mais favorecese ao noso algoritmo a hora de resolver problemas de Aprendizaxe Máquina