Impacto en la mortalidad tras la implantación de una red de atención al infarto agudo de miocardio con elevación del segmento STestudio IPHENAMIC
- Javier Muñiz Director
- José Manuel Vázquez Rodríguez Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 03 de marzo de 2023
- Pablo Avanzas Fernández Presidente/a
- María Generosa Crespo Leiro Secretaria
- Raquel Vázquez Mourelle Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Introdución e obxectivos: Existe moi pouca evidencia sobre o impacto que teñen na poboación as redes asistenciais de Síndrome Coronaria Aguda con elevación do segmento ST (SCACEST). O obxectivo deste estudo foi coñecer se o Programa Galego de Atención ao Infarto Agudo de Miocardio (PROGALIAM) na zona norte de Galicia mellorou o prognóstico e conseguiu equidade non só no acceso ás mellores estratexias de reperfusión senón tamén en materia de supervivencia. Métodos: Recolléronse todos os eventos codificados no Conxunto Mínimo de Datos Básicos (CMBD), como SCACEST entre 2001 e 2013 nos hospitais da zona norte de PROGALIAM. Un total de 6.783 pacientes foron identificados e divididos en dous grupos en función do período no que sufriron o evento: pre-PROGALIAM (2001-2005); 2.878 pacientes e PROGALIAM (2006-2013); 3.905 pacientes. Resultados: Na etapa Pre-PROGALIAM, a mortalidade axustada aos 30 días, 12 meses e 5 anos foi maior na poboación global HR: 1,52 - IC 95% (1,31 - 1,77), p < 0,001; HR: 1,48 - IC 95 % (1,31 - 1,69), p < 0,001; HR: 1,22 - IC 95 % (1,14 - 1,29), p < 0,001 respectivamente. Tamén se observou un importante incremento da mortalidade axustada a 30 días, 12 meses e 5 anos en cada unha das zonas antes da implantación da rede. As cifras da área de ACoruña foron HR: 1,27 - IC 95% (1,01 - 1,60), p = 0,0045; HR: 1,30 - IC 95 % (1,07 - 1,58), p = 0,009; HR: 1,12 - 95% IC (1,02 - 1,23), p = 0,02, respectivamente. Para a área de Lugo: HR: 1,94 - IC 95% (1,49 - 2,51), p < 0,001; 1,66 - IC 95 % (1,34 - 2,07), p < 0,001; IC 1,34 - 95 % (1,2 - 1,49), p < 0,001, respectivamente. E para a área de Ferrol: HR: 1,58 - IC 95% (1,1 - 2,24), p = 0,001); HR: 1,64 - IC 95% (1,23 - 2,19), p = 0,001); HR: 1,23 - IC 95% (1,10 - 1,40), p = 0,001), respectivamente. Antes da implantación do PROGALIAM, a mortalidade aos 30 días, 12 meses e 5 anos era maior nas áreas de Lugo: HR: 1,57 - IC 95% (1,26 - 1,96), p = 0,001; HR: 1,39 - IC 95 % (1,40 - 1,68), p = 0,001; HR: 1,25 - IC 95% (1,05 - 1,49), p = 0,02 e Ferrol HR: 1,34 - IC 95% (1,06 - 1,74), p = 0,03; HR: 1,39 - IC 95 % (1,12 - 1,73), p = 0,03; HR: 1,32 - IC 95% (1,13 - 1,55), p = 0,001, respectivamente, fronte A Coruña. Estas diferenzas aos 30 días, 12 meses e 5 anos desapareceron tras o desenvolvemento da rede: Lugo vs A Coruña: HR 1,05; IC do 95 % (0,85-1,35), p=0,72; HR 1,12; IC 95% (0,91-1,37), p=0,27; HR 0,88; IC do 95 % (0,72-1,06), p=0,18; Ferrol vs A Coruña: HR 1,10; IC 95% (0,82-1,47), p= 0,53); HR 1,13; IC 95% (0,88-1,43), p=0,33; HR 1,04; IC do 95% (0,89-1,22), p=0,58, respectivamente. Conclusións: O desenvolvemento do PROGALIAM na zona norte de Galicia diminuíu a mortalidade a curto, medio e longo prazo dos pacientes que padecían SCACEST tanto a nivel global como para cada unha das zonas. Antes da implantación da rede, había menos posibilidades de supervivencia na fase aguda, a medio e longo prazo en pacientes das zonas de Lugo e Ferrol. Tras o seu desenvolvemento, produciuse un aumento da equidade que igualou as posibilidades de supervivencia en todos os marcos temporais estudados e para todos os ámbitos.