Implementación de un Sistema Inteligente semiautomático para la asistencia de pacientes en unidades de cuidados críticos

  1. Pereira Loureiro, Miguel A.
Dirixida por:
  1. A. Pazos Director
  2. Gerardo Baños Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Francisco Javier Hortal Iglesias Presidente/a
  2. Virginia Mato-Abad Secretario/a
  3. Sergio Raposeiras Roubín Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 788414 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O soporte hemodinámico dos pacientes nas unidades de coidados intensivos (UCI) de Anestesia cardíaca (Reanimación) resulta complexo pola cantidade de variables achegadas polos diversos dispositivos con escasa integración, que permiten ao clínico avaliar as necesidades na variación do tratamento. A valoración de todos os parámetros clínicos dispoñibles e a execución das modificacións necesarias nas infusións de fármacos intravenosos supón un esforzo de tempo necesario que non achega valor á asistencia a pacientes. A integración de datos, facilitando a toma de decisións e a axuda en axilizar as variacións do tratamento pode supoñer unha optimización do traballo que permita conseguir rangos de obxectivos máis precisos e continuos dos pacientes. O uso dos sistemas de apoio á decisión clínica (CDSS) para axudar aos clínicos pode contribuír a mellorar a calidade e a eficiencia da atención. Este traballo describe o desenvolvemento e a implementación dun CDSS denominado IOSC3 (Sistema Intelixente baseado en Ontologías en Coidados Críticos), para o manexo de pacientes da unidade de coidados intensivos cardíacos. Este CDSS implementou un sistema baseado en coñecemento experto para ofrecer consellos terapéuticos en tempo real baseados na monitorización continua das constantes vitais cardiovasculares dos pacientes. Cando a proposta é avaliada polo clínico, determínase a súa adecuación sendo aceptada, o sistema actúa de maneira semiautomática, controlando de maneira as bombas de infusión de fármacos modificando a cantidade de fármacos fornecidos ao paciente. IOSC3 foi probado en pacientes en tempo real da UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. O sistema IOSC3 foi integrado e aceptado polo persoal da UCI por representar unha axuda á toma de decisións, xa que as recomendacións de doses propostas son aceptadas no 90% dos casos. É visto como unha ferramenta útil para o seu traballo diario. Será necesario seguir investigando en diferentes escenarios clínicos para ver se o sistema IOSC3 representa puntos finais máis vantaxosos en aspectos como a administración total de dose, estancias máis curtas ou mortalidade.