Influencia de la mineralización del agua de bebida en la capacidad de trabajo físico y velocidad de rehidratación tras ejercicio físico en situación de estrés ambiental

  1. Santiago Alonso, Miguel
Dirixida por:
  1. Rosa Meijide Faílde Director
  2. Carlos María Agrasar Cruz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de outubro de 2023

Tribunal:
  1. Miguel Á. Saavedra-García Presidente/a
  2. Daniel Jesús Ruíz Rivera Secretario/a
  3. Olalla García Taibo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 824219 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introducción: A auga, como compoñente máis abundante do ser humano, é indispensable para a vida. Con todo, a auga na natureza presenta minerais disoltos, sendo os mesmos primordiais nos mecanismos de regulación do balance hídrico do organismo. Dende o punto de vista do deporte, conseguir unha hidratación o máis efectiva posible antes, durante e trala actividade é de vital importancia para conseguir optimizar o rendemento. En situacións cotiás, os mecanismos que regulan o equilibrio hidroelectrolítico, con acceso a bebida, permiten que non existan grandes variacións ao longo do día e que a sede sexa un bo mecanismo de control da inxesta hídrica. No momento en que realizamos actividade física aparece outro factor primordial (temperatura) que provoca desequilibrio e o medio interno vese tensionado de forma moito máis brusca e a sede deixa de ser suficiente para a regulación do medio interno. Se ademais a actividade física é intensa e desenvólvese baixo condicións ambientais extremas (alta temperatura e humidade) e con restrición de inxesta hídrica, todos os mecanismos de regulación hidroelectrolítica entran en acción mostrando a enorme complexidade das súas interaccións. O obxectivo do estudo é analizar cómo se produce a rehidratación tras un exercicio físico de alta intensidade e nunha situación de #estrés ambiental, en función da distinta mineralización da auga de bebida utilizada, así como determinar se ditas bebidas poden servir de axuda para lograr unha mellor recuperación do nivel hídrico e unha máis pronta capacidade de traballo físico. Material e métodos: Levouse a cabo un estudo con ciclistas afeccionados de alto nivel consistente en dúas sesións de esforzo máximo (noventa minutos en cicloergómetro) en condicións moi adversas de calor e humidade, e con restrición completa de achega hídrica durante o esforzo. Posteriormente procedeuse a rehidratar a cada deportista cun volume de auga correspondente ao 150% do peso corporal perdido. Tras un proceso de aleatorización, nunha sesión a rehidratación realizouse con auga de mineralización moi débil e na outra sesión utilizouse auga mineral Magma® de Cabreiroá, altamente mineralizada. Resultados: A rehidratación coa auga mineral Magma® de Cabreiroá facilitou unha rehidratación moitísimo máis eficiente, eficaz e efectiva. Os parámetros bioquímicos de sangue e ouriños mostran de forma clara que os mecanismos reguladores do equilibrio hidroelectrolítico ven favorecidos pola elevada mineralización. É de suma importancia observar que a diuresis con auga de mineralización débil foi o dobre que coa auga mineral Magma® de Cabreiroá. Conclusión: En deportistas sometidos a deshidratación tras exercicio físico en situación de estrés ambiental a rehidratación coa auga Magma® de Cabreiroá é máis efectiva que cunha auga de mineralización moi débil.