Mecanismos de interacción y defensa de Klebsiella pneumoniae frente a la infección por fagos

  1. Blériot Rial, Inés María
Dirixida por:
  1. María Tomás Director
  2. Lucía Blasco Otero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de xaneiro de 2024

Tribunal:
  1. Rafael Cantón Moreno Presidente/a
  2. Joana Azeredo Secretario/a
  3. Jesús Rodríguez-Baño Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Os bacteriofagos, tamen conecidos como “fagos”, son virus que infectan as bacterias. Estes virus de procariotas son considerados como a entidade bioloxica mais abundante do planeta, estimandose o seu tamano poboacional en 1031 particulas virales. A resistencia aos antimicrobianos e a causa de que para un numero crecente de patoxenos bacterianos, a taxa de exito dos antibioticos sexa dubidosa. Por tanto, a rápida propagacion de patoxenos multirresistentes creou un renovado interese no uso dos fagos. As bacterias e os fagos estan nun estado permanente de coevolucion denominado carreira armamentistica, isto e, cando un desenvolve un mecanismo para evadir ao contrario isto provoca que o segundo evolucione para evitar esta defensa. Asi, as bacterias desenvolveron mecanismos de defensa para protexerse dos seus depredadores, mentres que os fagos a sua vez desenvolveron contra-estratexias de defensa para evadir estes sistemas. Neste contexto, a presente tese doutoral centrouse no estudo dos mecanismos de interaccion e defensa de Klebsiella pneumoniae fronte a infeccion por fagos. Dacordo con iso, no primeiro capitulo desta tese doutoral procedeuse a analise xenomica de 40 profagos localizados nos xenomas de 16 illados clinicos de K. pneumoniae portadores de carbapenemasas. No segundo capitulo procedeuse ao estudo do papel do sistema toxina-antitoxina de tipo II PemK/PemI dun illado clinico de K. pneumoniae na infección por fagos liticos. E, finalmente, no terceiro capitulo procedeuse ao estudo proteómico da interaccion entre fagos e o seu hospedador bacteriano K. pneumoniae.