Estudio de la presencia de ADN bacteriano en trombos intracoronarios en pacientes con infarto agudo de miocardio

  1. Piñón Esteban, Pablo
Dirixida por:
  1. José Manuel Vázquez Rodríguez Director
  2. Manuel Hermida Prieto Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de marzo de 2024

Tribunal:
  1. José María Hernández de la Torre Bustillo Presidente/a
  2. María Generosa Crespo Leiro Secretaria
  3. José M. Vegas Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese doutoral é un estudo observacional realizado en doentes con infarto agudo de miocardio con elevación do segmento ST (IAMCEST), tratados mediante intervencionismo coronario percutáneo, co obxectivo de analizar a presenza e tipo de bacterias, mediante a detección de Ácido Desoxirribonucleico (ADN) nos trombos aspirados das arterias coronarias. Non se estudou a presenza, prevalencia e variedade de organismos bacterianos en pacientes galegos. Incluíronse 109 doentes consecutivos nos que se obtivo material trombótico e mostra de sangue periférica; analizouse a presenza do ADN bacteriano coa Reacción en Cadena de la Polimerasa (PCR) en tempo real de: Aggregatibacter actinomycetemcomitans, Chlamydia pneumoniae, viridans group streptococci, Porphyromonas gingivalis, Fusobacterium nucleatum, Tannarella forsythia, Treponema denticola, Helycobacter pylori, Mycoplasma pneumoniae, Staphylococus aureus, Prevotella intermedia, e Streptococcus mutans. Detectouse ADN bacteriano de 4 especies no 9,2% dos doentes: viridans group streptococci, (6 doentes, 5,5%), Staphylococus aureus (2 doentes, 1,8%); Porphyromonas gingivalis e Prevotella intermedia (0,9% respectivamente). Non se atopou ADN bacteriano na sangue periférica nestes doentes. En conclusión, hai ADN de 4 especies bacterianas nos trombos dunha pequena proporción de pacientes con IAMCEST. Estas bacterias poderían ter un rol na inestabilidade da placa e na formación do trombo que conduce ó IAMCEST nestes pacientes.