Miguel Angel
Talavera Valverde
Centro asistencial: Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
Área sanitaria: Área Sanitaria de Ferrol
Servicio: Psiquiatría
Web persoal: https://portalinvestigacion.udc.gal/investigadores/214762...
Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Estudio del razonamiento clínico en estudiantes de terapia ocupacional 2015. Dirixida por Dr/a. Sergio Santos-del-Riego, Dr/a. Pedro Moruno Miralles.
Doutor en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña. Máster Universitario en Investigación, Organización e Avaliación dos Servizos Sociosanitarios pola Universidade da Coruña. Máster Universitario en Ciencias da Saúde en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña. Profesor do Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña [UDC]. Integrante da Unidade de Investigación en Integración e Promoción da Saúde [INTEGRA Saúde]. Terapeuta Ocupacional do Servizo Galego de Saúde. Director de TOG [A Coruña] [https://www.revistatog.es/]. Autor e coautor en revistas JCR e outros índices de impacto. Autor e coautor de libros e capítulos, ademais de traballar como compilador, editor e coordinador para editoriais de recoñecido prestixio nacionais e internacionais. Membro e coordinador de grupos e comisións de traballo profesionais [vinculados ao Servizo Galego de Saúde], colexiais e universitarias a nivel nacional e internacional. Ten no seu haber premios de investigación. Colexiado de Honra polo Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Navarra [COTONA_NALTE].