La biblioteca universitaria orientada a la investigaciónpropuesta de un modelo de servicio centrado en el usuario desde la perspectiva del marketing
- González-Solar, Llarina
- Viviana Fernández Marcial Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 18 de xullo de 2016
- Ernest Abadal Presidente/a
- José Manuel Vázquez Naya Secretario
- María Luisa Lascurain Sánchez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Ista tese ten como fin estudar e avaliar o papel das bibliotecas universitarias na consecución da misión da universidade respecto da investigación. Con este fin analízase a dita función investigadora e a súa incidencia nos sistemas de avaliación competitiva, concretamente nos rankings. Amosa o cambio de paradigma na xestión das bibliotecas universitarias onde o eixo de actuación enfócase máis cara os servizos de apoio a investigación. Caracterízanse estes servizos bibliotecarios, contextualizando o estudo na estratexia global de investigación das universidades. Investígase sobre dous grupos de universidades españolas desde un punto de vista estratéxico e operativo. Estúdanse os investigadores como o elemento chave nos servizos bibliotecarios de apoio á investigación, tanto desde a perspectiva informacional, incluíndo un estudo de xestión de identidade dixital, como na súa relación coa biblioteca, ademais do papel dos bibliotecarios neste contexto. A tese desenvolve un apartado práctico estudando a realidade da Universidade da Coruña, os seus servizos, a súa Biblioteca e os trazos característicos dos seus investigadores. Elabórase unha proposta metodolóxica baseada nos principios da mercadotecnia, sendo aplicable a outros contextos bibliotecarios, na que se incide na necesidade dunha visión global dos servizos á investigación e aplícase a filosofía e a técnica da mercadotecnia tanto desde o punto de vista estratéxico como operativo.